31
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar unha alerta vermella no noroeste e oeste da provincia de A Coruña e no litoral lucense. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) espérase mar combinada do noroeste con ondas que poderán acadar os 10 metros. No resto do litoral galego está activada unha alerta laranxa por mar combinada do Noroeste de 5 a 6 metros, que pode ir aumentando ata os 8 metros.
Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.