Nas últimas horas rexistrouse un incendio forestal no municipio ourensán de Cualedro que afectou os núcleos de San Millao e San Cristovo.
Puxo vivendas en risco e os accesos aos núcleos afectados estiveron intransitables, polo que a Consellería do Medio Rural tivo que activar como medida preventiva a Situación 2.
Esta situación operativa de emerxencia decretouse pola proximidade do lume ao núcleo de San Cristovo, pertencente ao municipio de Monterrei, onde unha casa tivo que ser desaloxada.
A unidade militar de emerxencias colaborou nuns perigosos traballos de extinción que incluso causaron feridas a un brigadista, que foi trasladado ao hospital sen afectacións graves. 115 brigadistas da UME traballaron de noite con 6 autobombas 1 nodriza e 1 máquina D5 T. Realizaron misións de ataque directo ao lume en San Millao, A Madalena e Medeiros.
Para o control do lume, ademáis, mobilizáronse un técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 11 avións.