Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), este xoves dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará ao litoral da Coruña e se estenderá á costa de Pontevedra. Agardase mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata 6 metros. Ademais, no oeste e noroeste da Coruña espérase vento do suroeste forza 7.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Lembrando a importancia de manterse afastado da liña de costa.