As persoas maiores de 60 anos poderán participar no programa Envellecemento Activo que se realizará no concello de Ponteceso os días 4, 8 e 11 de xuño. Haberá varias xornadas, centradas en diferentes exercicios deportivos e tamén actividades de memoria fotográfica e relaxación.
As prazas son limitadas e irán en función da orde de inscrición. Para anotarse hai que chamar ao teléfono 604 081 426.