Segundo indica o rexedor, Iago Toba, “pensamos en todos e cada un dos veciños de Muxía á hora de facer a programación de Nadal, programando diferentes actividades, pero sen deixar de lado aquelas que non poden faltar como as visitas de Papá Noel ou os Reis Magos, que farán do Nadal de Muxía unha época para lembrar”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, quixo “invitar a veciñanza e visitantes a gozar das rúas do Concello nestas datas e a ser partícipes de cada unha das actividades programadas durante estas semanas”.