39
- Elementos do mobiliario urbano e o firme do propio paseo apareceron con varias pintadas este luns
O Concello de Cee denunciou nas súas redes sociais novos actos vandálicos na vila. Este luns o solo e diverso mobiliario urbano do paseo marítimo, así como da súa contorna, apareceron con pintadas.
Desde o goberno local lembran a importancia de preservar este tipo de elementos xa que «son de todos e todas». Ademais, instan á veciñanza a que colabore coa Policía Local se ten algún tipo de información.