O Club de Salvamento e Socorrismo Laracha asinou unha actuación histórica no recente Campionato Galego Júnior, Xuvenil e Absoluto de Praia, celebrado na praia do Orzán da Coruña durante toda a pasada fin de semana.
O club consolidase entre a elite galega con dous ouros, cinco pratas e presenza en todas as finais, tanto a nivel individual como de equipo. Destacan especialmente as actuacións de Iria Barreiro, con dous ouros e varias medallas, así como a fortaleza dos relevos femininos e mixtos.
Clasificacións Xerais por Equipos
O club destacou na clasificación xeral, situándose entre os mellores equipos galegos:
Xuvenil Feminina: 4º posto
Xuvenil Masculina: 8º posto
Xuvenil Conxunta: 4º posto
Júnior Feminina: 5º posto
Júnior Masculina: 7º posto
Júnior Conxunta: 5º posto
Absoluta Feminina: 4º posto
Absoluta Masculina: 5º posto
Absoluta Conxunta: 5º posto
Medallas de Ouro e Prata
No plano individual e de relevos, os deportistas do club subiron ao podio en múltiples ocasións, acadando as seguintes medallas:
- Ouros
Sprint Xuvenil Feminina: Iria Barreiro (1ª)
Bandeiras Praia Xuvenil Feminina: Iria Barreiro (1ª)
- Pratas
Carreira con Táboa Xuvenil Feminina: Iria Barreiro (2ª)
Sprint Absoluto Feminina: Iria Barreiro (2ª)
Relevo Rescate Tubo Júnior Feminino: Sofía, Iria, Gabriela, Lucía (2ª)
Relevo Sprint Absoluto Feminino: Iria, Shaila, Gabriela, Lucía (2ª)
Relevo Sprint Absoluto Masculino: Sergio, Luis, David, Pablo (2º)
Bandeiras Praia Absoluto Feminina: Shaila Rodríguez (2ª)
- Bronces e Finalistas
A colleita de metais complétase con varios bronces e unha destacada presenza nos postos de finalista:
Bronces
Nadar Surf Júnior Feminina: Lucía Añón (3ª)
Relevo Ocean Júnior Feminino: Sofía, Iria, Gabriela, Lucía (3ª)
Relevo Rescate Tubo Absoluto Feminino: Lucía, Iria, Gabriela, Shaila (3ª)
Relevo Rescate Tubo Absoluto Masculino: Sergio, David, Cristóbal, Pablo (3º)
Bandeiras Praia Absoluto Feminina: Iria Barreiro (3ª)
- Finalistas (postos 4º e 5º)
SKI Xuvenil Feminina: Gabriela Paulos (4ª)
Carreira con Táboa Júnior Feminina: Lucía Añón (4ª)
Relevo Rescate con Táboa Xuvenil Feminino: Iria, Gabriela (4ª)
Relevo Rescate con Táboa Júnior Masculino: Juan Martín, Luis (4º)
Relevo Rescate con Táboa Júnior Feminina: Sofía, Lucía (5ª)
Nadar Surf Xuvenil Feminina: Gabriela Paulos (5ª)
Ocean Xuvenil Feminina: Gabriela Paulos (5ª)
Relevo Ocean Júnior Mixto: Iria, Martín, Luis, Lucía (5º)
Nadar Surf Absoluto Masculina: Sergio Campos (5º)
Relevo Ocean Absoluto Mixto: Iria, David, Sergio, Lucía (5º)
Compromiso, igualdade e excelencia
O Club Laracha, fiel á súa misión e valores institucionais, demostrou que a formación integral dos seus socorristas vai máis alá dos resultados deportivos, apostando pola igualdade de xénero, a inclusión e a excelencia nun deporte que salva vidas. O éxito no Orzán é froito do traballo en equipo, da dedicación e do compromiso de toda a entidade, desde deportistas e técnicos ata familias e voluntariado, consolidando a Laracha como unha referencia galega no salvamento e socorrismo.