Estes traballos estanse a desenvolver por Augas de Galicia nun treito deste río de preto de 1,8 quilómetros de lonxitude, ao seu paso polas parroquias de Santa María do Mar e de Régoa.
As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos, así como na eliminación de especies invasoras. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións desenvólvense no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.
Esta intervención contribuirá á mellora do leito fluvial para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.
23