Actualizado o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia 

1 minutes read

O novo Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga) actívase con carácter estacional durante a época estival e, tendo en conta o marco competencial en materia de praias, a adhesión ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Poden adherirse cantas praias estean no censo, debendo contar con servizo de socorrismo e Plan de Prevención e Seguridade segundo se determina no Plan. Este xoves actualizouse o plan para integrar oito zonas de baño que se inclúen no censo, así como actualizar a normativa de socorrismo, pois neste mes de maio se publicou o Decreto que ven a revisar as condicións para exercer a vixilancia en praias ampliando as vías de inscrición no rexistro de socorristas e mantendo os estándares de calidade na formación do persoal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?