O vindeiro luns día 30 de maio abrire o prazo de inscrición para os Cursos Intensivos de Natación de Verán que impartirá AD Fogar na Piscina Municipal Carballo Calero en colaboración co Concello de Carballo e Carballo Deporte. A programación deste verán contempla doce cursos intensivos relacionados coa práctica da natación en niveis de iniciación; seis deles dirixidos a nenos e nenas nados nos anos 2016, 2017 e 2018 e outros seis nos anos 2013, 2014 e 2015, que non sexan socios do clube e cunha oferta total de 120 prazas. Os cursos desenvolveranse entre o 4 de xullo e o 17 de agosto en turnos de tres semanas cunha frecuencia semanal de dous días e sesións de 45 minutos. As inscricións faranse a partir do 30 de maio cumplimentando o formulario que atoparedes nesta LIGAZÓN e unha vez confirmada a praza por parte do clube procederáse co pagamento, información que atoparedes tamén no mesmo formulario.
34