Ada Colau repite como alcaldesa de Barcelona

1 minutes read

Ada Colau conseguiu ser reelixida alcaldesa de Barcelona co apoio dos oito concelleiros do PSC e tres da candidatura de Manuel Valls, que sumados ás súas 10 deulle a maioría absoluta. A líder de Barcelona en Comú revalidou o cargo despois de varias semanas de negociacións a dúas bandas cos socialistas e ERC, cuxo candidato gañou as eleccións municipais impoñéndose por 4.800 votos.

15 votaron ao líder Ernest Maragall (os de ERC e JxCat). Os tres concelleiros do PP votaron ao seu candidato, Josep Bou. E a coalición Barcelona pel Canvi-Cidadáns dividiuse: os seus tres independentes, capitaneados por Valls, votaron a Colau, mentres que os outros tres, con carné do partido laranxa, votaron en branco.