ADEGA chama á cidadanía a saír á rúa este domingo en Compostela

2 minutes read

Distintas organizacións galegas convocan unha gran manifestación en Santiago pola vertedura de pellets. Tamén se reuniron para abordar este asunto denuncian e o abandono das institucións ante esta catástrofe ecolóxica. Finalmente acordaron a celebración dunha gran manifestación que percorrerá as rúas da capital galega, Santiago de Compostela, o vindeiro domingo 21 de xaneiro.

O lema ‘Contra as mentiras e o plástico, acode en defensa do noso mar!!!’ deixa ben claras as intencións que se queren denunciar con esta acción de protesta. Así o fixo público a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, que explica que os distintos asinantes da convocatoria queren “denunciar a tardanza e o deixamento das administracións en facer fronte a esta ameaza”, engadindo que “se repiten os erros do Prestige”. En concreto, desde Adega dise que, como sucedeu coa catástrofe do chapapote, “tiveron que ser os colectivos cidadáns e as persoas voluntarias as que, en ausencia das institucións saímos ás costas para loitar contra esta marea plástica”.

Nun comunicado arremeten contra as administracións autonómica e estatal reclamando “unha mínima coordinación”, que permita facer fronte ás derivadas deste grave episodio. Do mesmo xeito, instan a que haxa “unha maior transparencia” nos datos relativos a “como se usan os medios aéreos, marítimos e satelitales de oceanografía operacional no control do tráfico e seguimento das verteduras”.

Convocatoria da Manifestación neste enlace

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?