ADEGA convoca limpezas de formación de voluntariado para a recollida de pellets plásticos nas praias

1 minutes read

A asociación ecoloxista ADEGA convoca á poboación galega a participar en xornadas de formación para a limpeza da marea de pellets de microplástico procedentes que asola a costa galega. As saídas convocadas por ADEGA estarán orientadas especialmente a formar a persoas voluntarias que queiran exercer labores de coordinación de grupos ou colectivos que acudan aos areais para eliminar voluntariamente pellets de microplásticos, así como outro tipo de residuos que se atopan habitualmente nos nosos areais. O carácter formativo das saídas responde á necesidade de achegar ao voluntariado instrucións precisas e claras de como se debe de actuar para realizar unha limpeza adecuada do lixo mariño e, particularmente, dos pellets de microplástico que nestes días chegas ás nosas costas.

Estas accións terán lugar mañá mércores, 10 de xaneiro, en Carballo, Muros, Noia, Porto do Son e Fisterra; e o sábado, 13 de xaneiro, en diversas praias dos concellos de Noia, Porto do Son, Carballo, Cangas e Barreiros. En Porto do Son e Noia, a asociación Noia Limpa colaborará con ADEGA nas accións formativas.

As persoas interesadas en participar nestas accións de voluntariado formativo de ADEGA deberán inscribirse a través dos seguintes formularios:

-Mércores, 10 xaneiro: https://forms.gle/5Z3BYLi6UBkWUpKe8
-Sábado, 13 xaneiro: https://forms.gle/eDweeTrvpSV3N8rh6

Unha vez aceptadas as solicitudes, as voluntarias e voluntarios recibirán por correo electrónico información específica sobre os puntos de encontro e as praias nas que se actuará. Para futuras convocatorias, as persoas interesadas poden preinscribirse a través destroutra ligazón: https://forms.gle/eJt8qJ1Q3DFqQtCk8