Adeus a Niki Lauda, un dos mellores pilotos na historia do automobilismo

1 minutes read

Niki Lauda faleceu este martes aos 70 anos. O pasado verán fora sometido a un transplante de pulmón.

Foi tres veces campión do mundo na Fórmula 1 e marcou toda unha época nos anos 70 e 80. En 1976 sufrira un grave accidente que lle provocou graves queimaduras na faciana. Neto dun emigrante galego, de Nogueira de Ramuín, coa morte de Lauda o mundo do automobilismo perde un dos seus grandes referentes.

Triunfou como empresario buscando acubillo no sector da aviación, outra volta a velocidade. Fíxose máis millonario do que era e tivo tempo de afondar na historia do seu avó paterno: Juan Lauda Crespo, emigrado nos Estados Unidos e natural de Loña do Monte, Nogueira de Ramuín, Ourense. Daquel Lauda a José Lauda Barbeito, o pai de Niki, tamén piloto, pero de avións de guerra na Segunda Mundial. A mesma guerra, pacífica e deportiva esta, en que sempre estivo metido polo seu carácter o campión Niki Lauda.DEP.