A actriz Concha Velasco faleceu este sábado aos 84 anos de idade no Hospital Porta de Hierro de Majadahonda (Madrid), segundo confirmaron os seus fillos, Manuel e Paco Martínez. “como consecuencia dunha complicación na súa enfermidade”. A capela ardente da artista valisoletana abriuse no Teatro La Latina de Madrid e será enterrada no Panteón de Personaxes Ilustres, no Cemiterio do Carmen da súa cidade natal. Estrela do cinema, teatro e televisión desde os anos 60, a súa figura transcende a cultura: Concha Velasco foi unha das personalidades máis populares do país durante máis de seis décadas. Recibiu en vida practicamente todas as homenaxes que unha actriz, incluído o Goya de Honra en 2013 e o Premio Nacional de Teatro en 2016. Como presentadora de televisión, o seu rostro foi habitual desde os anos 70 e en TVE pechou a súa etapa como comunicadora conducindo Cine de Barrio durante nove anos.
39