Adriana Cerezo gañou a primeira medalla para España en Tokyo 2020


A taekwondista española Adriana Cerezo Iglesias gañou a primeira medalla para España nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020. A moza deportista, de 17 anos, colgouse ao pescozo a medalla de prata despois dun axustadísimo combate que se resolviu por 11 – 10 fronte á tailandesa Panipak Wongpattanakit, número un do mundo, actual campioa do mundo e medalla de bronce en Río 2016.

Previamente en oitavos Cerezo derrubou á número dous do mundo, a serbia Tijana Bogdanovic, nun duro partido por 12 – 4, en cuartos gañou á dobre campioa olímpica en Pequín 2008 e Londres 2012, a chinesa Wu Jingyu, nunha esmagadora vitoria por 33 – 2. E en semifinais gañou por 39 – 19 á turca Rukiye Yildirim, dobre campioa de Europa.