Os grandes recintos de cada área sanitaria son os que centralizan a vacinación dos maiores de 80 que ata agora se resolvía nos PAC comarcais. E decisión causa discrepancias e algunha incomodidade. Moitos usaurios apelan a idade avanzada dos que deben vacinarse e ás súas dificultades para desprazarse. De entrada, a afluencia está sendo menor: 65 puntos de adherencia fronte aos máis de 95 da terceira dose. Iso causou inquedanza entre os inmunólogos, que lle piden á poboación un esforzo.
“Vexo que se está creando ruído e polémica polos lugares de vacinación e non pode ser que isto nos afaste do importante. A vacina chega a contagotas e require un esforzo loxístico que fai que os grandes centros sexan o lugar idóneo. Pídolles aos familiares que fagan un esforzo para inmunizar os maiores canto antes”, di Xosé Gómez Rial, inmunólogo do CHUS.
“Calculamos que a finais desta semana e comezos da que vén comezaremos con esa repesca, porque xa sabemos quen foi a centros masivos e a quen temos que completar nos seus centros habituais. A mensaxe é de tranquilidade, non vai quedar ningún galego sen a súa dose de vacina, sempre que queira, por suposto”, explicou Xulio García Comesaña, conselleiro de Sanidade”. Nas últimas horas habilitáronse estas carpas, onde os que teñan máis problemas de mobilidade poden vacinarse ao quente e desde o coche.