Adxudicadas as obras para reducir o risco de inundacións do río Anllóns na rúa Sol, en Carballo

2 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 1.495.040 euros as obras de execución para a remodelación da ponte e creación dun canle de augas altas na rúa Sol, no concello de Carballo.

Os traballos, adxudicados á empresa UTE Seranco, S.A.U. & Cycasa Canteras y Construcciones, S.A., forman parte das actuacións necesarias para minimizar o risco de inundación do río Anllóns.

A intervención adxudicada, que conta cun prazo de execución de 8 meses, ten como obxectivo unha mellor protección fronte ás enchentes no río Anllóns, para o que é preciso a demolición dunha edificación, a remodelación da ponte e creación dun canle de augas altas na rúa Sol.

Para iso, os traballos inclúen o derrubamento de tres treitos de escaleiras, unha obra de fábrica pola marxe dereita do río e a habilitación dunha senda coa extensión de 600 m2 de pavimento.

A intervención obxecto deste contrato comprende, tamén, a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida.

As obras completaranse, ademais, coa instalación dunha pantalla lateral de contención e a habilitación de dúas pasarelas de acceso ao paseo fluvial para dotar de acceso á senda.

Estas intervencións enmárcanse na colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Carballo, para a execución das obras identificadas como prioritarias no Plan de xestión específico da área de risco potencial significativo de inundación deste río, cun investimento total de 6,3 M€.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?