Dende a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) afirman estar moi contentos/as de anunciar a presentación do libro “Azlheimer de lirbo” do autor carballés José Manuel Pérez Pena que terá lugar este venres 23 de maio ás 19:00 horas na biblioteca Rego da Balsa de Carballo.
O libro foi froito da convivencia do autor e da súa familia coa enfermidade de Alzheimer. Nel aparecen textos e imaxes que conforman o exemplar: relatografías, fotohaikus, así como unha selección de entradas do diario que, a xeito de terapia, levou durante o tempo que durou a enfermidade da súa proxenitora, e que ten como obxetivo contribuír a dar visivilidade á enfermidade de Alzheimer.
A publicación foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña e o importe íntegro do recadado coa súa venda irá destinado a Afaber.
Entrada de balde ata completar aforo.
Os exemplares estarán dispoñibles á venda no local da entidade (Lugar Mirón, nº24 – baixo, Bértoa). Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691
28