Afaber anuncia unha segunda presentación do libro “Azlheimer de lirbo”

1 minutes read

Tras o éxito da primeira presentación no 2025, dende Afaber afirman estar moi contentas de anunciar unha segunda presentación do libro “Azlheimer de lirbo” do autor carballés José Manuel Pérez Pena que terá lugar este xoves 19 de febreiro ás 17:00 horas na residencia DomusVi de Carballo.

O libro foi froito da convivencia do autor e da súa familia coa enfermidade de Alzheimer. Nel aparecen textos e imaxes que conforman o exemplar: relatografías, fotohaikus, así como unha selección de entradas do diario que, a xeito de terapia, levou durante o tempo que durou a enfermidade da súa proxenitora, e que ten como obxectivo contribuir a dar visivilidade á enfermidade de Alzheimer.


A publicación foi posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña e o importe íntegro do recadado coa súa venda irá destinado a Afaber. A entrada será de balde ata completar aforo. Os exemplares estarán dispoñibles á venda no local da entidade (Lugar Mirón nº24 – baixo, Bértoa).