Este novo proxecto que lanza a entidade ten como finalidade o desenvolvemento de actividades lúdicas que favorezan a participación social, o benestar emocional e físico e a ocupación saudable do tempo libre dos adultos. Desta maneira, preténdese crear tecido social e fomentar a interacción entre iguais, prever a soidade non desexada creando espazos de encontro, fomentar a estimulación cognitiva e desenvolver a creatividade.
O segundo encontro terá lugar o mércores 19 de agosto no local de Afaber (Lugar Mirón nº24, en Bértoa) en horario de 10 a 11:30h, no que se desenvolverá un obradoiro de coiro. Nel preténdese traballar capacidades coma a motricidade fina, a atención e a creatividade á vez que se deseña un chaveiro de coiro personalizado.
A sesión será impartida pola educadora social da entidade, Mónica Martínez. As prazas serán limitadas e terán un custo de 5€ para as persoas socias e 12€ para persoas non socias.
Máis info e inscricións nos teléfonos: 625.980.691 / 981.75.85.45.