Afaber fixo balance do 2024 e deu a coñecer as actividades previstas para este ano

4 minutes read

A asociación AFABER celebrou a súa Asemblea Xeral de socias e socios de carácter ordinario, onde aprobou o seu balance económico do ano 2024 e a súa memoria de actividades. Tamén as actividades que levará a cabo neste 2025.

Das actividades dirixidas a persoas afectadas por unha demencia realizadas destacan:

  • Servizo de transporte adaptado: 30 persoas usuarias con rutas polas diferentes parroquias do concello de Carballo (Sofán, Xoane, Rus, Carballo centro…).
    • Programa de estimulación a persoas afectadas por unha demencia: 61 persoas usuarias durante o ano 2024. De luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.
    • Servizo de psicoloxía: 4 familias usuarias.
    • Servizo de fisioterapia: 5 familias.
    • Servizo de logopedia: 0 persoas.
    • Outras actividades:
      • Lectura de lendas populares da contorna (Biblioteca Rego da Balsa)
      • Obradoiro de papiroflexia (Bibliotecta Municipal)
      • Encontro co club da biblioteca do CEIP Bergantiños
      • Reparto de marcapáxinas polo día do libro (Librarías de Carballo)
      • Reparto de etiquetas de nadal (comercios locais)
      • Etc.

Das actividades dirixidas a familiares e coidadores principais destacan:

  • Grupos de apoio: 9 persoas usuarias. Realizáronse mensualmente os primeiros mércores de mes en Carballo dende xaneiro ata o mes de xuño.
    • Escola de familias: 10 persoas usuarias. Realizouse a última sesión no mes de xaneiro.
  • Escola de coidadoras/es: 9 persoas asistentes. Comezou no mes de decembro para continuar no 2025.

Das actividades dirixidas á poboación xeral no marco da prevención e do envellecemento activo destacan:

  • Talleres de memoria a través do concello de Cabana de Bergantiños (6 talleres, cun total de 125 asistentes); Concello de Carballo (9 talleres, cun total de 143 asistentes); asociación veciñal Santa Mª de Traba (Coristanco, cun total de 28 asistentes); Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela, (cun total de 12 asistentes); sede de AFABER (un total de 16 persoas).
    • Talleres de iniciación á informática e alfabetización dixital para persoas maiores no Concello de Carballo cun total de 40 asistentes.
    • Coidados compartidos ata xuño, curso formativo para coidadoras nos Concellos de: Laxe (16 participantes), Cabana de Bergantiños (24 participantes), Coristanco (11 participantes), A Laracha (8 participantes) e Malpica (11 participantes).
  • Programa Envellecemento Activo ata maio en: Carballo (7 parroquias, 97 participantes), Coristanco (19 participantes) e Cabana (6 parroquias, 60 participantes).

Das actividades dirixidas á poboación xeral no marco sensibilización e concienciación destacan:

  • Campaña Día Mundial Alzhéimer: coa iluminación dos edificios públicos de todos os concellos de Bergantiños; mesa informativa o 21 de setembro na praza do concello de Carballo.
    • Participación no Obradoiro de emprego Carballo Coida coa impartición dun módulo formativo especializado en Alzhéimer.
    • Convenio de prácticas coa Escola de tempo libre Aventeira.
    • Convenio de prácticas de alumnado do Obradoiro de emprego do

Concello de Carballo “Carballo Dual”.

  • Convenio de prácticas de alumnado da FP de Atención a persoas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso.
    • Convenio de prácticas de alumnado do Grao de Educación Social da Universidade de A Coruña.
    • Asistencia ás Xornadas Formativas de FAGAL. Ademais…
    • Acollida de persoal de prácticas e convenio con:
      • Curso de monitor/a de ocio e tempo libre da empresa Aventeira entre os meses de febreiro a abril.
      • Obradoiro de emprego Carballo Coida entre os meses de abril a novembro.
  • FP de Atención a persoas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso entre os meses de abril a xuño.
    • Grao de Educación Social da Universidade de A Coruña entre os meses de outubro e decembro.
  • Aprobación e valoración xeral do presuposto para o 2025. AFABER afrontará este ano coa intención de continuar as actividades de envellecemento activo e formación a persoas coidadoras, ademáis de seguir e manter a mellora de servizos e atención que y

xa realiza.

  • Aprobación das actividades para o ano 2025:

Actividades previstas para o vindeiro 2025:

  • Programa de Estimulación Cognitiva.
    • Servizo de transporte adaptado.
    • Información e asesoramento a familiares e persoas coidadoras.
    • Campaña día mundial Alzhéimer.
    • Obradoiros de memoria nos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo (A Brea) e Coristanco.
    • Escola de coidadoras/es.
    • Cursos de novas tecnoloxías e Informática no Concello de Carballo.
    • Banco de axudas técnicas (préstamo e asesoramento)
  • Aumento do servizo de transporte coa adquisición dun novo vehículo adaptado.
    • Novas colaboracións e renovacións de convenios con diferentes entidades, concellos e administración.
    • Charlas. Todas as asociacións ou grupos da comarca de Bergantiños interesados en realizar charlas sobre o Alzhéimer, ou cursos relacionados coa temática das demencias, poderán dirixirse a nós.
    • Cursos formación especializada en demencias.

O orzamento para estas actividades ascende a: 234.849.31€ de INGRESOS e 230.100,00€ de GASTOS.

Tras a Asemblea, a nova Xunta Directiva quedou formada por:

  • Jesús Manuel Villar Antelo, coma presidente.
    • María Díaz Rama, coma vicepresidenta.
    • Mª del Mar Barca Gómez, coma secretaria.
    • María Vilariño Pombo, coma tesoureira.
    • Manuel Remuiñán García, como vogal
    • Mª Sol Rodríguez Fernández, como vogal (nova incorpocación)