Afirman que o papa emérito Bieito XVI está gravemente enfermo

1 minutes read

Asegúrao o seu biógrafo en declaracións a un xornal alemán. Aínda que polo momento nada foi nin desmentido nin confirmado polo Vaticano, todo apunta a que padece un herpes zoster no rostro que lle produce moita hinchazón e fortes dores.

Bieito XVI, de 93 anos, acaba de regresar a Roma logo dunha viaxe a Alemaña para visitar o seu irmán, que morreu o pasada 1 de xullo. Di o biógrafo que o ex papa razona e mantén a memoria malia que a súa voz é practicamente imperceptible.

Desde que renunciou ao seu cargo en 2013, o papa emérito vive nun pequeno mosteiro dentro do Vaticano, onde é asistido por varias monxas. Cando viaxou a Alemaña foi acompañado por un médico e por unha enfermeira, dada a súa idade e dado que presentaba xa signos da enfermidade.