Afloran os deberes sen facer por parte do Concello de Santa Comba coa chegada das primeiras chuvias

1 minutes read

A primeira borrasca deste outono causou problemas en parroquias xalleiras como foi o caso da Pereira, donde algúns veciños quedaron illados sen poder saír das súas casas debido a falta de limpeza e canalización das cunetas e beiravías tras catro anos de abandono por parte do Goberno local.

Desde o BNG emitían un comunicado afirmando que non se ían quedar de brazos cruzados ante unha situación previsible e varias veces denunciada como esta. A deputada Saleta Chao xa rexistrou iniciativas no Parlamento galego esixindo á Xunta actuacións urxentes na AC-441: limpeza das gabias, desatascamento dos sumidoiros e melloras na drenaxe para evitar que cada episodio de chuvia converta a vida da veciñanza nun problema.

A pregunta que tamén se fan os nacionalistas é, e o Concello de Santa Comba? Onde está?. Que fixo durante todos estes anos?. Non pode seguir agochado detrás das competencias doutras administracións nin mirando para outro lado mentres hai familias afectadas.

Hai iniciativas parlamentarias, hai reclamacións veciñais e hai un problema perfectamente coñecido. O que falta é vontade de actuar, conclúen desde o BNG.