Detidos tres mozos en relación cunha multitude de roubos en Bergantiños e arredores

1 minutes read

Un amplo dispositivo de seguridade montado na madrugada deste pasado martes pola Garda Civil de Carballo no barrio do Sisto, con dúas patrullas da Unidade de Seguridade Ciudadana da Comandancia (USECIC) e o apoio da Policía Local, deu o seu froito para tatar de paralizar unha ondada de roubos e atracos levados a cabo pincipalmente na Comarca de Bergantiños, tamén en Arteixo, Cambre e Abegondo desde o pasado 19 de outubro, que foi cando se tivo coñecemento do inicio destes delitos co atraco á estación de servizo Cepsa ubicada na entrada de Carballo pola estrada de Malpica por parte de dous mozos a bordo dun patinete eléctrico. Preto deste último punto, no lugar do Sisto, foi donde se produciu o arresto de dous mozos presuntamente relacionados con estos feitos . Tamén foi arrestado un menor de idade preto do Concello de Cambre. A operación segue aberta, dado que polo menos podería haber unha cuarta persona relacionada con estos delitos.