O secretario de comunicación, Xavier Campos e a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil presentaron as liñas e imaxe da campaña aos comicios Xerais do 28 de Abril baixo o lema, “AGORA GALIZA”.
Ao igual que en anteriores campañas, afirmou o secretario de comunicación, o BNG manterá un “ton positivo, audaz e atrevido” pero sobre transmitindo que o BNG está nun momento “de plena remontada”, que suma, avanza e aglutina cada día a máis persoas.
Unha campaña, engadiu, deseñada en tres aspectos: “Un BNG de tempo novo que medra nas expectativas electorais, a constatación de moitos galegos e galegas que nestes últimos tres anos botaron de menos que Galiza tivese voz propia nos debates do estado e o valor dobre do voto ao BNG que garante esa voz propia sen intermediarios nin submisións a ningunha forza estatal e con lealdade só a sociedade galega.” Nun escenario sen maiorías absolutas, o BNG impulsará políticas de esquerdas e unha maioría progresista contra a involución democrática. O BNG defenderá medidas que non se levaron a cabo nos últimos anos polo goberno do PSOE co apoio de Podemos e En Marea, como a derrogación da LONCE ou a reforma laboral.
A nosa campaña, manifestou Campos pretende “galeguizar a campaña electoral” porque hai moita xente “farta do ruído español” e de escoitar falar da reconquista de España. Os galegos e galegas, explicou, queren escoitar alternativas aos problemas da sanidade pública polos recortes de Feixóo, os empregos en risco de Alcoa, Poligal ou Ferroatlántica, a estafa da AP-9 ou un sistema ferroviario do século XIX. Destes problemas, recalcou, falará o BNG.