47
O ex-conselleiro e ex-alcalde compostelán Agustín Hernández será, segundo apuntan varios medios, proposto para presidir o Consello Económico e Social (CES).
Este posto deixouno vacante Corina Porro, a quen o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, lle encomendou a delegación da Xunta en Vigo pouco tempo despois de poñerse á fronte da xestora da agrupación local do PP na cidade olívica.
«É unha persoa, creo que, que ten unha capacidade de traballo excepcional, que amais coñece moi ben a realidade económica e social de Galicia e a administración galega. E ten desempeñado importantes funcións na administración local e autonómica de Galicia», Pedro Puy., voceiro parlamentario do PPdeG.