Ahmad Masud, fillo do comandante afgán asasinado en 2001, pide armas a Estados Unidos. Tamén o que fose vicepresidente de Afganistán, Amrullah Saleh, mostrouse disposto a combater despois de erixirse como presidente interino. O ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov, confirmou este xoves que existe unha resistencia reseñable en Afganistán. Ao grupo de Masud incorporáronse exmembros do exército afgán desconformes coa rendición ante os talibáns. Con todo a situación de Masud é moi diferente á do seu pai de 1996 a 2001. O comandante guerrilleiro tiña acceso e refuxio no veciño Tadxiquistán. Hoxe en día o seu fillo está totalmente rodeado por forzas talibáns e non ten apoio internacional nin dos chineses, nin dos indios, nin de Occidente. E no gran xogo xeoestratéxico vale mais un apoio efectivo que mil razóns.
56