Aínda quedan prazas dispoñibles para a Escola de Natación en Carballo

1 minutes read

Dende a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude fan saber aos posibles interesados/as que aínda dispoñen de prazas vacantes para a súa Escola de Natación en Carballo. A programación da presente Campaña 2023 – 2024 conta con 19 grupos dun día á semana e 45 minutos de práctica distribuidos en tres niveis; iniciación para nenos/as nados/as nos anos 2017, 2018 e 2019, aprendizaxe para nados/as nos anos 2014, 2015 e 2016 e dominio para nados/as en 2013 e 2012. As preinscricións pódense facer cumprimentando o formulario que atoparedes nesta LIGAZÓN e unha vez confirmada a praza por parte do clube procederase co alta definitiva. No mesmo formulario tedes as prazas e os horarios dispoñibles e a información relativa aos custos da actividade que conta co respaldo do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?