Alba Rodríguez e Mina Ribullén continúan no Goldie Xiria

1 minutes read

A carballesa Alba Rodríguez, segunda capitana, continuará a ser unha das principais bazas da organización do ataque das guerreiras. No Xiria dende o ano 2005, é xa unha veterana do club a pesar da súa xuventude, o cal a convirte nun puntal dentro do equipo. Cursando un ciclo superior de Márketing e Publicidade, compaxinara os estudos co balonmán un ano máis.

Ademáis, Mina Ribullén, rápida zurda que xoga no extremo, continua un ano máis coas guerreiras verdes. Procedente do Balonmán Culleredo e do Ártabro, esta veloz e áxil extremo dereita que aporta un gran nivel no avanzado e no roubo de balón, volverá a aportar goles e solución defensivas diversas, compaxinando o balonmán cos estudos de Estética e Beleza.

Mina Ribullén.