Albergue Muxía, modelo das axudas do bono autónomo

2 minutes read

Albergue Muxía, propiedade de José María Lago, un dos beneficiarios, o ano pasado, do Bono Autónomo, que recibiu o máximo que permite esta orde, 3.000 euros, para poñer en marcha unha web multilingüe con módulo de reservas e pasarela de pago Redsys, así como un programa de xestión para o coñecemento de reservas realizadas e prazas dispoñibles, recibiu este luns a visita do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, a quen acompañou o alcalde Iago Toba.

O representante do Goberno Autonómico destacou que, nesta comarca o ano pasado, recibiron esta axuda 79 persoas e as achegas totais que recibiron foron de máis de 176.000 euros e que a administración autonómica prevé beneficiar a 1300 traballadores a través dun orzamento que alcanza os catro millóns de euros, un máis que ao longo do pasado exercicio. O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o 2 de agosto e se terán que xustificar mediante facturas ou documentos bancarios acreditativos do pago.

A actuación conta con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se poderán aprobar axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.

BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS ANO 2018
CONCELLONº CONC. IMP. CONCESIÓNS
A LARACHA3      6.774,36 €
CAMARIÑAS10    20.496,27 €
CARBALLO15    35.395,33 €
CEE9    20.077,42 €
CORCUBIÓN1      2.708,80 €
DUMBRÍA2      4.676,82 €
FISTERRA2      3.428,12 €
LAXE5    12.553,60 €
MALPICA DE BERGANTIÑOS3      5.746,27 €
MUXÍA8    16.675,12 €
PONTECESO5    10.648,38 €
VIMIANZO10    26.659,94 €
ZAS6    10.453,50 €
TOTAL79 176.293,93 €