Alberto Rodríguez explica por que é “tan cara” a factura da luz

1 minutes read

“Menos do 40% do que pagamos na factura ten que ver co que realmente consumimos, co que realmente gastamos. O outro 60% son custos fixos, que o pagamos chove ou trone, gastemos o que gastemos”, comeza explicando no vídeo emitido por Atresmedia o deputado de Unidas Podemos no Congreso, Alberto Rodríguez. “Todo cun 20% de impostos e un 40% de peaxe”, engade. Para Rodriguez, estas peaxes significan cargar nas nosas costas os custos de “unha mala planificación enerxética” e os custos dunha “suposta perda de beneficio das grandes eléctricas durante a crise pola caída do consumo”. O deputado de Unidas Podemos asegura que estas peaxes non deixaron de subir desde 2013 “grazas á reforma do Partido Popular”. No vídeo, Rodríguez tamén desagrega o outro 40% que si pagamos en relación do que consumimos, pero afirma que o prezo non é equivalente ao que custa producir esa enerxía, “senón ao último kW que se vendeu e, por tanto, o máis caro”.