0
- O evento tivo lugar esta fin de semana no Couto de Verdes
Este domingo o Couto de Verdes de Coristanco acolleu a competición de ámbito autonómico Selectivo Salmónidos Mosca 2022. No evento, organizado pola Federación Galega de Pesca e Casting en colaboración co Concello de Coristanco, Alberto Vicente Casas obtivo o primeiro posto con 12 puntos e 86 capturas. Seguírono Carlos Gesto García, con 28 puntos e 52 capturas, e David Arcay Fernández tras 31 puntos e 46 capturas.
Julián Nieto Ferreiro foi quen logrou a peza de maior tamaño, con 32 cm.