Detido en Alemaña un iraniano, que presuntamente preparaba un atentado islamita. O sospeitoso, de 32 anos, foi arrestado en Castrop-Rauxel, no oeste do país. Tamén foi detido un dos seus irmáns. Segundo a prensa xermana, as autoridades alemás foran advertidas hai uns días, por un servizo de intelixencia estranxeiro, da ameaza dun ataque con «bomba química». Aínda que a Fiscalía de Düsseldorf informaba de que o sospeitoso lograra conseguir substancias químicas e biolóxicas, como cianuro e ricina, para preparar o ataque, estas non apareceron no rexistro do seu apartamento. Os investigadores non responderon a se as toxinas se almacenaron noutro lugar. De momento, non está claro como de avanzado estaba o seu plan, nin se fora determinado un obxectivo concreto para o ataque.
35