Alemaña inclúe a España na lista de países covid de alto risco


Alemaña incluíu este venres a España na lista de países de risco alto por coronavirus, unha medida que entrará en vigor este martes e que implica que aqueles viaxeiros sen a pauta completa de vacinación ou recuperados da enfermidade que volvan de España terán que facer corentena por un período de 10 días.

Así o recolle a última actualización das recomendacións de viaxe ao estranxeiro anunciadas polo Instituto Robert Koch (RKI) de viroloxía, a axencia alemá de control da pandemia, que apunta a España como o principal foco de entrada de viaxeiros contaxiados, o que levou ao goberno alemán a endurecer as restricións. A medida tamén se aplicará aos Países Baixos.