Alerta laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro

1 minutes read

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso está activo desde primeiras horas no noroeste e oeste do litoral da Coruña e na Mariña lucense, estendéndose ao suroeste da costa coruñesa e, xa pola tarde, ao litoral da provincia de Pontevedra. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros, que poden chegar ata os 7 metros entre Ortegal e Bares. Ademais, de xeito ocasional pode darse vento no mar de 74 quilómetros por horas e mar combinada do oeste aumentando a ondas de 5 metros e rolando ao noroeste.  

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?