Alerta sanitaria pola presenza da toxina botulínica nunha lata de atún da marca DIA

1 minutes read

Despois da alerta sanitaria polo brote de listeriose nalgunhas cidades de España, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) activou unha nova alerta sanitaria por un brote de intoxicación alimentaria provocado pola toxina botulínica, a cal foi detectada en varias latas de conserva de atún en aceite de xirasol da marca DIA.

Os primeiros afectados foron catro persoas que consumiran o devandito atún nunha ensalada rusa caseira. Tres deles xa foron dados de alta.

O produto afectado foi distribuído pola empresa DIA en varios locais e establecementos da Rioxa, Aragón, Valencia, Murcia, Navarra, Castela-A Mancha, Asturias, Castela e León e Cataluña.

As latas xa se retiraron e as autoridades sanitarias recomendan que as persoas que teña algún produto afectado que a devolvan ao momento de compra.

Que causa a toxina botulínica?

A toxina botulínica é unha neurotoxina elaborada por unha bacteria denominada Clostridium botulinum e que produce o botulismo.

Cando este se transmite a través dos alimentos, normalmente produce unha parálise flácida descendente que pode producir insuficiencia respiratoria.

Algúns dos síntomas iniciais son a fatiga intensa, boca seca e vertixe, entre outros.