Alex Iglesias renova polo Calvo Basket Xiria


Alex Iglesias Fernández (Ourense 2001), será a súa segunda tempada xogando en Carballo (primeira na Liga EBA) para o aleiro ourensán. Con só 21 anos e cunha ampla traxectoria deportiva nas filas dos Bosco Salesianos Ourense, Alex deu o salto ó conxunto de Basket Xiria a tempada pasada e proclamouse subcampión da 1ª Div. Masculina, dando lugar a que o CALVO BASKET XIRIA, ascendese e ocupase actualmente unha praza na Conferencia A – Grupo B da Liga EBA.
Alex é un aleiro alto (1,94cm), cunha ampla experiencia en Ligas Autonómicas e que de seguro será unha peza importante neste regreso á Liga EBA de Basket Xiria. A tempada pasado xogou 23 partidos, cunha media de 25 min. e 11 puntos por partidos, sendo un dos destacados do equipo dirixido por Héctor Méndez. Ademais é un xogador intelixente cunha boa visión de xogo e que xa comezou a dar os seus primeiros pasos coma adestrador nas Seleccións Autonómicas da Federación Galega de Baloncesto.