Alfonso Hermida será o director da área de Deportes da Coruña

0 minutes read

O xornalista Alfonso Hermida, será a director da área de Deportes da Coruña, tal e como confirmaron fontes municipais, esta incorporación non será inmediata, e será nomeado nunha data próxima. Alfonso Hermida posúe un amplo coñecemento do deporte galego, desenvolveu gran parte da súa actividade profesional na corporación CRTVG. Foi presentador dos informativos do mediodía, pero a súa posición crítica co goberno da Xunta de Feijóo respecto ao control informativo fíxolle dimitir dese cargo. Desde entón desenvolvía outras funcións na TVG.