9
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asistirá este mércores ás 12 do mediodía ao acto de licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte. O acto terá lugar no remate do actual trazado, en Santa Irena.
Á mesma hora e no mesmo lugar, os parlamentarios autonómicos socialistas Patricia Iglesias e Aitor Bouza e a deputada no Congreso Obdulia Taboadela ofrecerán o seu punto de vista da situación antes de asistir ao acto de licitación desta 1ª fase de prolongación da autovía da Costa da Morte (treito de Santa Irena – AC432).