Alfonso Rueda fixo parada en Malpica onde se comprometeu a defender á Galicia costeira

1 minutes read

Tras os exitosos encontros que previamente mantivera coa veciñanza de Bandeira, Portomarín, Porto do Son, Bande e Cuntis, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, segue afondando nos problemas reais dos galegos, as súas impresións, suxestións e inquedanzas.

Este domingo foi o turno de Malpica, que acolleu unha escala do autobús de ‘Galicia non para!’, ao que Rueda acompaña por todos os concellos do país. Conversou animadamente cos moitos veciños que se achegaron para poder coñecelo e tamén trasladarlle algunhas das cuestións que lles preocupan, polo que o presidente comprometeuse con eles a seguir defendendo o modo de vida da Galicia costeira.

Tamén quixeron transmitirlle ao líder dos populares a satisfacción coa xestión que fai o goberno de Malpica que dirixe Eduardo Parga, quen atesora máis dunha década de experiencia ao servizo dos seus veciños e do seu concello.

Trasladáronlle así mesmo o seu interese polas melloras do porto, un eixo fundamental na vida económica de Malpica, así como polos avances do futuro centro de saúde, que está pendente da cesión de terreos, entre outras cuestións de interesa para a vila.