Alfonso Rueda investido presidente de Galicia só cos votos do PP

Alfonso Rueda Valenzuela foi investido este xoves como o sexto presidente da Xunta de Galicia tras recibir a confianza do Parlamento galego grazas á maioría absoluta do Partido Popular e cos votos en contra da oposición. Rueda accede ao cargo tras unha traxectoria política ligada a Alberto Núñez Feijóo, co que ata o de agora exercía como vicepresidente primeiro da Xunta e de quen ‘herda’ o novo cargo tras a súa marcha para liderar o PP.

BNG e PSdeG reprocháronlle, que o seu discurso e o seu proxecto non só non xeran ilusión e confianza, senón que apuntan a seguir nunha Galicia «máis pequena, peor da que había cando chegaron e á contra» de políticas de progreso, coincidiron. Fronte a isto, Rueda lamentou non ser capaz de convencer aos grupos da oposición, á que viu «enrocada no non».

Nuns días, no Congreso extraordinario que o PPdeG prevé celebrar en Pontevedra o 21 e 22 de maio, Alfonso Rueda converterase tamén no líder dos populares galegos e, conforme marcan os estatutos do partido, en candidato populara a Xunta para 2024.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha