O presidente da Xunta aproveitou para facer un oco na súa apretada axenda para visitar o emblemático Faro de Lariño e felicitar persoalmente o cumpleanos a Jesús Picallo, empresario, candidato á alcaldía de Cee e, especialmente, un moi bo amigo de Alfonso Rueda. Amizade que o propio Rueda destacou na posta de largo política de Picallo en Cee cando afirmou que «todo o que me pida Jesús para Cee xa sabe que o ten concedido».
A visita tivo un marcado matiz familiar, como non podía ser menos pola relación existente entre ambos, e a Rueda acompañouno a súa dona, Marta Coloret, e unha das fillas do matrimonio. O atractivo do Faro de Lariño e o amplo abano de amistades coas que conta o famoso empresario fixo que á visita do primeiro mandatario galego tamén se sumase a doutra cara máis que coñecida da política nacional, a de Ana Pastor, deputada do Partido Popular no Congreso dos Diputados, que tamén vén en compaña da súa familia a festexar o cumpleanos de Jesús Picallo e a desfrutar do bo tempo e da singularidade do Faro de Lariño, de Barbanza e da Costa da Morte.
42