O alumnado de 3º e 4º do colexio Artai visitou o Concello de Carballo

0 minutes read

Este martes no Concello de Carballo recibiron unha visita moi especial, ao alumnado de 3º e 4º cursos do colexio Artai, e aínda que houbo que facer algúns cambios no percorrido habitual que se levaron a cabo nas visitas escolares, non faltou o «interrogatorio» ao alcalde, Evencio Ferrero, nesta ocasión na Alcaldía, nin o percorrido polas dependencias da Policía Local e a Oficina Técnica Municipal. Este martes, ademais, os nenos e nenas subiron ao máis alto do edificio consistorial para ver desde dentro o reloxo que tantas veces lles lembra que é hora de merendar.