O campo de fútbol de O Pinguel en Ponteceso reabriu este sábado despois das obras de reforma realizadas nas que o concello investiu máis de 400.000 euros. O acto de inauguración converteuse nunha auténtica festa do deporte pero tamén da solidariedade coa doazón da recadación á Asociación Española Contra o Cancro. Os asitentes gozaron dun partido único que enfrontou ás “Vellas glorias” do Puenteceso SD cos Veteranos do Deportivo da Coruña, dirixidos por Mato e Donato. O encontro celebrouse ás 12.00 horas, aínda que a festa prolongouse durante toda a mañá, onde o de menos foi o resultado (3-6). Ao tratarse dun acto solidario, o trío arbitral, as agrupacións musicais e varios establecementos comerciais colaboran desinteresadamente na celebración.
