Ampla maioría absoluta de Juanma Moreno en Andalucía

1 minutes read

Juanma Moreno fixo historia este 19 de xuño conseguindo a primeira maioría absoluta para os ‘populares’ en Andalucía, con 58 deputados, con máis do 99% do voto escrutado. Desta forma, o PP consegue unha vitoria inédita nunha comunidade pintada sempre de vermello nos mapas electorais, menos no ano 2012, cando Javier Areas conseguiu gañar, pero non gobernar. Moreno duplicou os escanos do PP no Parlamento andaluz e consegue o seu principal obxectivo e obsesión: gobernar só.

Pola súa banda o PSOE cae a 30 deputados, o seu peor resultado histórico, deixándose tres escanos polo camiño.
Vox sobe ata a terceira posición no Parlamento andaluz con 14 escanos e aínda que gaña dous representantes, as aspiracións do partido de entrar na Junta de Andalucía se esfuman ante a vitoria esmagadora do PP.

O trompazo dos partidos á esquerda tamén é avultado cos cinco deputados de Por Andalucía (que integran Podemos e EU, entre outros) e dous para Adiante Andalucía, moi lonxe dos 17 que obtiveron xuntas estas formacións en 2018. Desta forma Teresa Rodríguez queda sen grupo parlamentario propio.

Ciudadanos segue en caída libre electoral e queda fóra do Parlamento andaluz. A formación laranxa é devorada polo PP e déixase polo camiño 21 escanos. Juan Marín pasa nunha soa noite de ser vicepresidente de Andalucía a perder a acta de deputado e presentar a súa dimisión.

Resultados 19-J, Andalucía.