a Xunta vai ampliar en máis de 130 quilómetros a superficie destinada á extracción de mexilla -semente de mexillón- no litoral de Galicia. Representantes da Consellería do Mar detallaron que esta medida está enmarcada nun paquete de actuacións posto en marcha para paliar a escaseza de cría deste molusco bivalvo nas costas da comunidade autónoma e facilitar o labor dos bateeiros para a súa obtención. Estas medidas, que se aplicarán o antes posible unha vez completados os trámites pertinentes, foron adoptadas froito dunha análise exhaustiva da situación dos distintos recursos -tanto da cría do mexillón como do percebe-, da avaliación do impacto socioeconómico que estas decisións poden ter para ambas partes e do diálogo permanente e intenso tanto cos representantes do sector mexilloeiro como coas confrarías de pescadores.
0