O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha ampliación no orzamento do 2º Plan de Rescate activado o pasado febreiro pola Xunta para aportar liquidez aos autónomos, microempresas e establecementos hostaleiros e de outra natureza afectados polos peches realizados por criterio sanitario.
Trátase dun añadido de 21 millóns de euros ao orzamento do 2º plan de rescate que inicialmente contaba con 75 millóns de euros, o que supón un aumento do 28%. O obxectivo deste incremento no orzamento do 2º plan de rescate é poder chegar, coma xa se fixo co 1º plan, á práctica totalidade das solicitudes que cumpran os requisitos. Na actualidade, a Administración galega está a completar os pagamentos do 2º Plan de Rescate. Ten xa aboado o 90% do orzamento inicial, dos 75 millóns de euros, é dicir, xa pagados 66 millóns.
Para a Xunta de Galicia é unha prioridade garantir o mantemento de actividade dos negocios e, polo tanto, dos empregos asociados, polo que o Goberno galego está a facer un novo esforzo económico para apoiar o sacrificio que están a facer moitas empresas que se están vendo afectadas pola covid-19. A Administración autonómica galega, polo tanto, segue aportando fondos e inxectando liquidez aos negocios máis afectados pola crise sanitaria a través de axudas directas. En total mobilizará en tempo récord cos dous plans de rescate 182 millóns de euros.