24
A atleta galega Ana Peleteiro conseguiu a medalla de bronce en triplo salto, no Mundial de atletismo en pista cuberta de Glasgow 2024, tras unha marca de 14.75 metros tras a súa volta a unha cita internacional logo de ser nai. Ademais, a española conseguía tamén a mínima olímpica de triplo salto, que estaba en 14.55 m, para ir aos Xogos de París 2024.
“O meu soño é volver gañar unha medalla e que a miña filla estea na bancada e creo que cada día estou máis preto de conseguilo”, dicía a atleta hai uns días e non se equivocaba. Agora, xusto cinco anos despois, Ana Peleteiro cólgase este bronce con moito significado e que, como se mencionaba, fixa o seu próximo obxectivo nos Xogos Olímpicos de París 2024.