Ana Peleteiro e Adrián Ben mellores atletas galegos na Gala anual do Atletismo Galego.


  • O Concello da Estrada acolleu este venres a XII Gala do Atletismo Galego anual que cada ano distingue ós/ás mellores deportistas en cada unha das súas especialidades e categorías.

Ó acto acudiron unha boa parte das autoridades sociais e políticas da comunidade encabezadas polo anfitrión da gala, o alcalde do Concello da Estrada, José López Campos. Por parte da Xunta de Galicia acudiría o Secretario Xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete, o Director Xeral de Política Linguística, Valentín García así como un importante número de alcaldes e concelleiros que tamén quixeron estar presentes no acto.

Nos premiados, ó mellor club sería un ano máis para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, sendo Agustín Gónzalez “Tinín” quen levaría a distinción no apartado de adestradores. No bloque de atletas máster, Esther Pedrosa e José Vicente Rioseco serían os mellores do ano 2018 ó igual que Nerea Iglesias e Hugo García no apartado de atletas revelación. Saleta Fernández e Adrían Ben subirían a recoller a súa distinción no apartado sub 23 acaparando todas as atencións a premiación ós mellores atletas absolutos que corresponderían a Ana Peleteiro e novamente a Adrián Ben.